InicioSucesosPetición de dous anos de cadea para o veciño de Ribadeo que...

Petición de dous anos de cadea para o veciño de Ribadeo que acosou á súa exparella

Segundo relata o Ministerio Fiscal, o acusado comezou a acosar á vítima cando esta decidiu pór fin á relación sentimental que mantiñan en xullo de 2019.

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía pide dous anos de prisión para un veciño de Ribadeo por un delito de acoso ao seu expareja e a prohibición de achegarse a ela, nun radio inferior a 100 metros, durante tres anos. O caso xulgarase este luns ás 10,45 horas no Xulgado do Penal Nº2 de Lugo.

Segundo relata o Ministerio Fiscal, o acusado comezou a acosar á vítima cando esta decidiu pór fin á relación sentimental que mantiñan en xullo de 2019.

O home non aceptou a ruptura, sinalan, e desde entón e ata, polo menos, xaneiro de 2020, presionou á vítima para retomar a relación ou canto menos manter contacto e “de forma insistente”, controlou os seus movementos, “seguíndoa pola rúa, controlando cando estaba en casa e no traballo, con chamadas e mensaxes reiteradas”.

Tal e como indican, mesmo a pesar de ser bloqueado no teléfono, o acusado creaba grupos de whatsapp a través de números de terceiros nos que incluía á vítima para seguir mandándolle mensaxes.

Ademais, o acusado seguía e controlaba os horarios da muller –cando ía traballar e os fins de semana, e mesmo cando saía fóra da súa localidade–. “O control era tal que lle mandaba mensaxes por deixar a luz de casa acesa de madrugada ou cando se ía de vacacións ao estranxeiro”, apunta a Fiscalía.

Sinalan ademais que esta conduta do acusado “perturbou a tranquilidade da vítima e desestabilizou o desenvolvemento da súa vida cotiá, ao sentirse perseguida, vixiada e controlada en todos e cada un dos seus ámbitos cotiás, non só na súa vida e casa senón tamén na da súa familia, xa que o acusado seguíaa á casa dos seus pais e controlábaa cando estaba cos seus familiares“.

Por mor destes feitos, ditouse en data 21 de xaneiro de 2020 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 Mondoñedo, Auto no que se prohibía ao acusado aproximarse á vítima, a unha distancia inferior a 50 metros , así como a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio.

Así, o Ministerio Fiscal ve un delito de acoso no ocorrido, polo que solicitan unha pena de dous anos de prisión e a prohibición de achegarse á vítima, en calquera lugar onde se atope, nun radio inferior a 100 metros, así como a prohibición de comunicarsecon a mesma por calquera medio, por tempo de tres anos, debendo descontarse o tempo xa cumprido como medida cautelar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...