A Garda Civil investiga a un veciño de Burela, identificado nas últimas horas, como presunto autor dun delito de apropiación indebida.
Segundo informou o Instituto Armado, este veciño, de 46 anos de idade, é sospeitoso de apropiarse de dous vehículos de ‘renting’. Así, tras a finalización do contrato de arrendamento, o pasado mes de setembro, non os puxo a disposición da empresa propietaria, con sede na Comunidade de Madrid.
A persoa investigada e as dilixencias instruídas foron postas a disposición do xulgado de instrución número 1 de Viveiro.