Unha zona da refinaría de alúmina “que non estaba operativa” rexistrou unha deflagración o pasado luns, segundo informan fontes de Alcoa a Europa Press, que sinalan que a empresa abriu unha investigación.
A multinacional do aluminio está a avaliar os “posibles danos” que, segundo concreta, en todo caso serían materiais.
Ademais, engaden que a deflagración non afectou as operacións da refinaría, que seguiu funcionando “con normalidade”. Tampouco houbo, aseguran as mesmas fontes, danos persoais nin ambientais.