Remolcado un pesqueiro que tivo unha avaría á altura de San Cibrao

Embarcación de Salvamento Marítimo. GALICIA CONFIDENCIAL

Efectivos de Salvamento Marítimo remolcaron este venres a porto a un pesqueiro que sufriu unha avaría mecánica fronte ás costas de Lugo.

En concreto, segundo informou o organismo, o pesqueiro Novo Virxe Gualalupana, no que viaxaban dous tripulantes, solicitou remolque a porto pasadas as 6,00 horas deste venres, por mor dunha avaría mecánica.

Ata a zona na que se atopaba, á altura de San Cibrao, foi mobilizada a Salvamar Alioth, que remolcou o buque ata o porto de Burela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here