InicioSucesosEstados Unidos non investigará as orixes das imaxes gravadas durante a Maruxaina...

Estados Unidos non investigará as orixes das imaxes gravadas durante a Maruxaina de 2019

As autoridades estadounidenses contestaron aos xulgados galegos que non é posible identificar as direccións IP dos computadores desde onde foron subidas á rede estas gravacións nin os usuarios.

Publicada o

- Advertisement -

A petición realizada polo Xulgado de Viveiro a Estados Unidos para identificar desde onde foron subidos a webs de contido pornográfico os vídeos gravados na festa da Maruxaina, nos que se ve a mulleres ouriñando na rúa, foi rexeitada.

En concreto, as autoridades estadounidenses contestaron aos xulgados galegos que non é posible identificar as direccións IP dos computadores desde onde foron subidas á rede estas gravacións nin, por tanto, os seus usuarios.

O xulgado de Viveiro, que investiga os feitos, enviara unha comisión rogatoria a Estados Unidos para solicitar que se identificasen o IP dos computadores desde os que se subiron a diferentes webs de contido pornográfico os vídeos, gravados durante as festas da Maruxaina, en Cervo, en 2019.

Con todo, as autoridades estadounidenses responderon de forma negativa, alegando que os servidores desa web non están aloxados en Estados Unidos ou non teñen obrigación de almacenar eses datos, polo que non poden obterse nin trasladarse.

O último paso na investigación dos vídeos da Maruxaina concluíu este pasado mes de febreiro, cando o xulgado de Viveiro finalizou a toma de declaración do máis dun centenar de mulleres vítimas destes feitos.

A investigación polas gravacións realizadas a mulleres ouriñando na vía pública na Maruxaina, logo colgadas en páxinas web de contido pornográfico, foi arquivada nun primeiro momento. Con todo, en virtude dos recursos das partes, a Audiencia Provincial de Lugo obrigou a reabrila. Un dos puntos esenciais pasa pola identificación das persoas que gravaron e subiron eses vídeos á rede.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...