InicioSucesosUn lume con varios focos calcina un camión de madeira en Landrove

Un lume con varios focos calcina un camión de madeira en Landrove

A Policía Nacional investiga se o incendio ten relación coa folga dos transportistas de Ence

Publicada o

- Advertisement -

Un camión cargado de madeira da empresa de Xove Suolitrans ardeu na madrugada do xoves no polígono industrial de Landrove, en Viveiro.

O suceso aconteceu sobre as 4.10 horas da madrugada, cando un axente avistou unha columna de fume que brotaba do lugar, preto da gasolineira de Landrove.

Dez minutos antes, un coche patrulla da Policía Nacional, que investiga o incendio, pasou pola zona sen rexistrar incidencias.

O vehículo ardeu rapidamente e non foi ata as 6.00 da madrugada, aproximadamente, cando os bombeiros de Viveiro conseguiron extinguir o incendio.

O propietario do vehículo, J. A. S., vive preto da zona onde se produciu o incendio.

Malia que na investigación barállanse varias hipóteses, o máis probable é que o lume fose intencionado. A Policía Nacional documentou polo de agora catro focos diferentes de emisión de lume nas rodas do camión.

PARO

O suceso coincide no tempo cunha folga indefinida dos transportistas iniciada a pasada Noiteboa, a fin de presionar á papeleira Ence para que mellore as condicións de seguridade das descargas nas fábricas de Navia e Pontevedra.

Outra das peticións realizadas polos convocantes é que se restitúa ao camioneiro despedido tras enfrontarse violentamente a uns ciclistas. A Policía Nacional investiga se o incendio tivo que ver con este paro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...