A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un home de 72 anos como presunto responsable de acceder a domicilios do municipio de Ribadeo para roubar diñeiro en efectivo e varias ferramentas.
Segundo informa o Instituto Armado, a este septuaxenario, un veciño do municipio ourensán de Maside, atribúenselle dous supostos delitos de roubo con forza en interior de vivendas.
De feito, no marco da detención, interviñéronse varios útiles susceptibles de ser utilizadas na comisión dos roubos. O home xa foi posto a disposición xudicial.
Tal e como relata a Garda Civil, o presunto autor accedeu ao interior das vivendas a través das xanelas e, unha vez dentro, subtraeu diñeiro en efectivo e varias ferramentas que están pendentes de valoración.
Deteñen un home en Mondoñedo como presunto autor de roubos de diñeiro en Ribadeo
Segundo informa a Garda Civil, sería un veciño do municipio ourensán de Maside, a quen lle atribúen dous supostos delitos de roubo con forza en interior de vivendas.
Publicada o
- Advertisement -