Un home de 30 anos morreu no hospital da Mariña debido ás lesións no pescozo que se provocou a si mesmo cunha botella rota no interior dun bar de copas de Viveiro.
Varias persoas chamaron ao 112 ao redor das 03,50 horas da madrugada do xoves para alertar da presenza dun home que se estaba causando cortes no pescozo nun local hostaleiro da rúa Melitón Cortiñas do centro de Viveiro.
Ata alí mobilizáronse efectivos da Policía Nacional, que se atoparon co home nun estado importante de axitación e con profundas feridas das que brotaba moito sangue, segundo apuntas fontes que participaron na intervención.
A pesar dos intentos dos axentes por taponar as feridas, o home, nacido no ano 1992, entrou en parada cardiorrespiratoria á chegada da ambulancia de Urxencias 061.
O home foi trasladado ao hospital da Mariña, situado en Burela, onde faleceu a consecuencia das feridas autoinfringidas.