InicioSucesosUn operario queda atrapado baixo unhas pedras nun accidente laboral

Un operario queda atrapado baixo unhas pedras nun accidente laboral

Publicada o

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias liberaron un operario que quedou atrapado debaixo dunhas pedras mentres traballaba nunha planta de metal situada no lugar de San Cibrao, no municipio lucense de Cervo. Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 03,45 horas desta madrugada, os servizos sanitarios avisaban á central de emerxencias deste accidente, sinalando que o traballador estaba atrapado por pedras que o cubrían ata o nivel da cintura.

Así, os operadores do 112 mobilizaron ata o lugar aos axentes da Garda Civil, aos Bombeiros de Viveiro e ao GES e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cervo. Tras varias horas de traballo, os servizos de emerxencia conseguiron liberar ao ferido, que foi atendido no lugar e evacuado en ambulancia polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...