Aparece o cadáver dun veciño de Ourol nun vehículo queimado en Mañón

Garda Civil. EFE

O home encontrado morto no interior dun vehículo ardendo no municipio de Mañón é o dun madeirista que traballa na zona e que é natural de Ourol.

Así o confirmou este mércores o alcalde mañonés, Alfredo Dovale, quen expresou o seu pesar por esta traxedia.

“Para un municipio como o noso isto é un golpe moi duro”, asegurou tras transmitirlle as súas condolencias tanto á familia como a achegados e ao seu homólogo de Ourol.

A Garda Civil informa de que mantén abertas “todas as hipóteses” na investigación do incendio deste vehículo, ocorrido nas inmediacións da capela de San Pedro, no que se localizou o corpo sen vida do home.

O aviso ao 112 deuno un particular que pasaba pola zona e que viu o coche arder, ao redor das 13,30 horas. Inmediatamente mobilizáronse medios materiais e humanos para extinguir o lume. Foi tras extinguir o incendio cando se localizou o corpo do home.

Ademais do GES de Ortigueira, acudiu Protección Civil de Mañón, a Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O Concello tamén achegou unha motobomba.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here