Dous veciños de Burela de 21 e 39 anos detidos por tráfico de drogas

Entre outras cousas, no rexistro domiciliario atopáronse heroína, cocaína e 5.900 euros.

Porto de Burela. JUAN MAYA

A Garda Civil detivo en Burela dous veciños do municipio, de 21 e 39 anos, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

No marco da operación Funes procedeuse o pasado mércores ao rexistro dos domicilios das persoas detidas. Así, interviñéronse heroína, cocaína, 5.900 euros en billetes de diferente valor, dúas básculas de precisión, así como útiles para preparación destas sustancias.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, as persoas detidas serán postas a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here