A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo a dous veciños da localidade, de 37 e 47 anos, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.
No marco da operación Nasual, segundo informa, procedeuse o pasado día 26, ao rexistro do domicilio dos detidos intervíndose unha sustancia, supostamente cocaína, disposta para a venda en dose e numerosos envoltorios de plástico (utilizados con asiduidade para conter dose de sustancias estupefacientes para a venda polo miúdo).
Durante o rexistro efectuado descóbrese a comisión dun delito de defraudación de fluído eléctrico mediante un enganche ilegal desde a caixa de subministración da comunidade de veciños cara ao domicilio de dous detidos. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.