Morre un ciclista de 66 anos atropelado por un coche no Vicedo

O sinistro produciuse ás 14.30 horas á altura do número 90 da avenida Mariña do Vicedo, segundo informou a Garda Civil de Lugo.

Ambulancia medicalizada. AXM

Un home de 66 anos morreu este xoves no municipio lugués do Vicedo ao ser arroiado por un turismo cando marchaba en bicicleta.

O sinistro produciuse ás 14.30 horas á altura do número 90 da avenida Mariña do Vicedo, segundo informou a Garda Civil de Lugo. A vítima é un home de 66 anos que morreu no lugar do accidente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here