InicioSucesosMorre dunha suposta indisposición un home na praia de Coto, en Barreiros

Morre dunha suposta indisposición un home na praia de Coto, en Barreiros

O home faleceu tras ser rescatado da auga e, aínda que se lle practicaron manobras de primeiros auxilios, nada se puido facer pola súa vida.

Publicada o

- Advertisement -

Un home faleceu este domingo na praia de Coto, no municipio lucense de Barreiros. Segundo avanzou o 112 nas súas redes sociais, o home faleceu tras ser rescatado da auga e, aínda que se lle practicaron manobras de primeiros auxilios, nada se puido facer pola súa vida. No operativo participaron, ademais dos sanitarios, Salvamento Marítimo, a Garda costeira, a Garda Civil e Protección Civil.

Uns minutos antes da unha deste mediodía, varios particulares informaban ao servizo de que uns surfeiros que se atopaban na praia, entre a da Gaivota e a de Coto, sacaran a un home da auga inconsciente. Desde o 112 Galicia nada máis recibir a chamada dos alertadores, pasou aviso enseguida ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Do mesmo xeito informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Garda Costas de Galicia e á Garda Civil.

Ata o lugar tamén acudiron os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que, tras chegar ao momento, comunicaron ao 112 que o home estaba falecido. Segundo indicaron, todo parece indicar que unha indisposición puido ser a causa do falecemento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...