InicioSucesosLocalizan en Ribadeo unha furgoneta que ía por riba da súa capacidade...

Localizan en Ribadeo unha furgoneta que ía por riba da súa capacidade máxima de pasaxeiros

"Estes dous pasaxeiros de exceso viaxaban sobre o colo doutros dous sen facer uso do preceptivo sistema de retención homologado", explican dende a Garda Civil.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil, no marco dun punto de control de alcol e drogas na estrada N-640, no termo municipal de Ribadeo, localizou unha furgoneta que transportaba a once persoas no seu interior, cando a súa capacidade máxima é de nove, incluído o condutor.

“Estes dous pasaxeiros de exceso viaxaban sobre o colo doutros dous sen facer uso do preceptivo sistema de retención homologado, comprobándose que cinco ocupantes máis tampouco facían uso de dito sistema de retención”, explica a Benemérita.

Outra situación similar produciuse o pasado día 3 de abril, cando a Garda Civil sorprendeu, no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, a catro persoas que viaxaban na parte traseira dunha furgoneta, na zona reservada para a carga, sentados sobre o material que transportaban e sen facer uso do obrigatorio sistema de retención.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...