Buscan os tres encapuchados que ataron o cura de Vieiro para roubar

Os ladróns agardaron a que acabara a misa para levar un sobre con 1.000 euros da reitoral

Igrexa de San Cibrao de Vieiro. AXM

A Policía Nacional de Viveiro busca os tres encapuchados que asaltaron ás 19.30 horas do venres ao cura da parroquia de Vieiro, situada en Viveiro.

Os ladróns agardaron a que rematase a misa. Logo de amordazar ao párroco e atalo a unha cadeira, os asaltantes roubaron 1.000 euros da casa reitoral.

A Policía Nacional está a tomar declaración a testemuñas e interrogará tamén ao párroco, que padeceu feridas leves ao intentar liberarse.

Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here