InicioSucesosEn liberdade as persoas acusadas do suposto secuestro dun mozo de 16...

En liberdade as persoas acusadas do suposto secuestro dun mozo de 16 anos en Burela

Publicada o

- Advertisement -

As dúas persoas –un home e unha muller– detidas polo suposto secuestro dun menor de idade, de 16 anos, o luns na localidade de Burela foron postos en liberdade este mércores, coa prohibición de aproximarse e de comunicarse por calquera medio tanto co menor en cuestión como coa súa nai. Atópanse investigados por un delito de detención ilegal.

Así o decretou este mércores a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro (Lugo), segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Tras pasar a noite do martes nos calabozos do cuartel da Garda Civil, os detidos chegaron ás dependencias xudiciais cara ás 10,00 da mañá deste mércores, custodiados por tres coches patrulla da Garda Civil e unha decena de axentes, esposados e cubríndose coas carapuchas o rostro.

Cara ás 14,30, despois de prestar declaración ante a xuíza, decretouse a súa posta en liberdade dado que a Fiscalía non pediu o seu ingreso en prisión provisional.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...