InicioSucesosUn incendio na cheminea dunha vivenda en Cervo obriga a trasladar ao...

Un incendio na cheminea dunha vivenda en Cervo obriga a trasladar ao hospital a unha muller

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser trasladada o Hospital de Burela tras arder este venres unha parte da vivenda na que residía no municipio lucense de Cervo. Segundo informou o 112, o lume foi de tal magnitude, que afectou completamente ao teito da segunda planta, do que só quedaron as vigas.

A chamada dun particular ás 16.45 informaba ao 112 Galicia dun lume que se iniciou no salón da vivenda por mor da cheminea no lugar A Fionza, en Cervo. Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia deron conta a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, ao GES de Cervo, á Garda Civil, aos axentes da Policía Local e aos Membros de Protección Civil de Cervo.

Tras levar a cabo as tarefas de extinción, os bombeiros informaron de que ardera a cheminea por completo, polo que dúas estancias da planta superior da vivenda estaban afectadas, así como todo o teito, do que só quedaron as vigas. Debido a isto, as autoridades municipais buscan unha vivenda alternativa para as persoas afectadas.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...