InicioOccidentalXoveA xuíza chamará "en breve" a declarar aos investigados polo accidente de...

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

Publicada o

- Advertisement -

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da Garda Civil o último informe sobre o accidente de tráfico no que o pasado 1 de abril morreron en Xove catro mozos, de 17 a 19 anos, veciños de Ribadeo.

Así, segundo confirman a Europa Press fontes xudiciais, a xuíza chamará “en breve” a declarar aos dous sobreviventes do sinistro. Ao condutor –que deu positivo no test de alcoholemia– investígano por catro delitos de homicidio por imprudencia e outro de lesións, mentres que a outro dos ocupantes investígaselle por omisión do deber de socorro.

Os feitos ocorreron na madrugada do 1 de abril, cando un Citröen C4 con seis mozos no seu interior –tiña capacidade para cinco– de entre 17 e 19 anos, saíase da estrada no quilómetro 1.100 da LUP-2604, nunha curva pronunciada na Rigueira, nas proximidades da urbanización Palmeiro.

No asfalto non quedaron sinais de freada do vehículo, que se precipitou por un terraplén de entre tres e catro metros, rozou cun poste do tendido eléctrico e, tras dar varias voltas de campá, acabou na leira dun veciño. Foi este o que ás 9,40 horas deu aviso aos servizos de emerxencias.

Con todo, a Garda Civil estima que o accidente se produciu horas antes, xa que o seis mozos viñan dunha verbena nunha localidade próxima.

No accidente faleceron catro persoas do seis ocupantes do coche. Entre os sobreviventes, o condutor, ao que se lle practicaron probas de alcoholemia que resultaron positivas e que estivo ingresado na UCI ata mediados de maio, e outro mozo, que resultou ileso.

Este último saíu polo seu propio pé e foi atendido horas máis tarde nun centro sanitario, onde recibiu o alta pouco tempo despois. Este mozo ausentouse do lugar do accidente durante varias horas, polo que o Xulgado de Instrución 2 de Viveiro –de garda o día do ocorrido e a cargo do caso– investiga se concorre un delito de omisión do deber de socorro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...