InicioOrientalInvestigados tres menores en Ribadeo por roubar 54 insignias de vehículos

Investigados tres menores en Ribadeo por roubar 54 insignias de vehículos

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil investiga na localidade lucense de Ribadeo a tres menores como presuntos autores dun delito de furto continuado ao roubar insignias de vehículos que estaban estacionados.

Tal como informou a Benemérita, os feitos ocorreron na primeira quincena deste mes e consistían na subtracción de insignias de coches aparcados na localidade, sendo recuperados 54 logos.

Os coches presentaban diversos danos na carrozaría ao tratar de arrincalas da súa ancoraxe cun desaparafusador ou un utensilio similar. Os axentes investigan agora se estes feitos están relacionados con outros similares rexistrados en Barreiros e en Tapia de Casariego (Asturias). As dilixencias foron remitidas á Fiscalía de Menores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...