Os bombeiros de Barres e Valdés evitaron este mércores que un incendio se propagase a unha vivenda en Culmieiros de Abajo, en Castropol.
O lume, que non causou danos persoais, calcinou unha corte de dúas plantas pero os servizos de emerxencias sufocaron as lapas antes de que se extendesen a unha vivenda anexa.
INTERVENCIÓN
O Centro de Coordinación de Emergencias do 112 Asturias recibiu o aviso ás 10.36 horas. Un particular alertou do lume no edificio e do risco para a residencia que se atopaba ao carón.
O Sepa mobilizou catro motobombas e un vehículo de altura para sufocar o incendio
O Servicio de Emergencias del Principado de Asturias (SEPA) mobilizou unha dotación de bombeiros do parque de Barres e outra de Valdés. Empregáronse para a intervención catro motobombas e un vehículo de altura.
Ao mediodía, os bombeiros deron por controlado o incendio e iniciaron as tarefas de arrefriado e desentullo.