InicioSucesosRescatados sans e salvos 14 mariñeiros dun barco de Burela tras sufrir...

Rescatados sans e salvos 14 mariñeiros dun barco de Burela tras sufrir unha vía de auga en augas de Euskadi

O rescate durou menos de 40 minutos.

Publicada o

- Advertisement -

A embarcación de Salvamento Marítimo ‘Salvamar Orión’ rescatou este venres sans e salvos aos 14 mariñeiros do barco de bandeira francesa e base e armador de Burela ‘María Reina Madre’, que rexistrou unha vía de auga a 9 millas ao norte de San Sebastián.

Segundo informou o delegado do Goberno no País Vasco, Denis Itxaso, o pesqueiro, que saíra do seu porto basee en Burela tras unha reparación, sufriu unha vía de auga fronte ás costas vascas que alagou a sala de máquinas.

O operativo posto en marcha por Salvamento Marítimo evacuou aos mariñeiros en apenas 38 minutos desde que se recibiu a chamada de alerta, ao fío das 9,00 horas, segundo dixo Denis Itxaso, que se achegou ao porto de Pasaia a recibir á tripulación. “Foi un rescate en tempo récord”, destacou.Capitanía marítima atópase nestes momentos analizando as posibilidades técnicas de remolcar o buque, xa que o vento do sur está a empuxalo a augas xurisdicionais francesas e ten unha vía de auga “seria”.

“O pesqueiro atópase moi escorado”, destacou Denis Itxaso que lembrou que o porto vasco ten dificultades para traelo a terra.Nos labores de rescate interveu a Salvamar Orion de Salvamento Marítimo, que rescatou aos 14 tripulantes cando xa se achaban na balsa salvavidas. Tamén interveu o patrulleira ‘Río Sela’ da Garda Civil e un helicóptero de Salvamento Marítimo. O María Reina Madre navega baixo bandeira francesa dado que faena en augas territoriais deste país, aínda que o seu armador e porto basee é Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...