Efectivos de bombeiros do Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (SEPA), con base en Castropol e Valdés, xunto ao xefe da zona noroccidental extinguiron un incendio declarado nunha corte da rúa El Palacio, en Vegadeo. O lume calcinou por completo a nave e causou a morte de varias reses.
O centro de coordinación de emerxencias recibiu o aviso ás 11.08 horas, cando se explicou que un incendio estaba a queimar unha nave gandeira situada ao pé dunha casa. Os servizos de emerxencias acudiron á zona con autoescada, o vehículo de primeira saída e dúas autobombas forestais.
OPERATIVO
Unha vez na zona, os efectivos comezaron a atacar o lume, para o que empregaron tres liñas de auga; unha delas desde a autoescada e dúas desde o exterior da edificación. Os operarios confinaron o incendio e evitaron que se propagase á vivenda, malia que non se puido facer nada para salvar a construcción incendiada nin a vida das reses.
Os bombeiros realizaron tarefas de desescombro, e o operativo rematou superadas as 13.20 horas.