InicioSucesosInvestigado un cervense por suposta simulación de estafa

Investigado un cervense por suposta simulación de estafa

O imputado, de 37 anos, denunciou cargos supostamente fraudulentos emitidos mensualmente ao longo dos últimos anos por unha web para adultos

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado na localidade de Burela a un veciño de Cervo de 37 anos de idade como presunto autor dun delito de simulación de delito.

Segundo informou o Instituto Armado, a persoa investigada presentou unha denuncia o pasado mes de xaneiro como prexudicado nunha estafa bancaria, que consistía en cargos supostamente fraudulentos emitidos mensualmente ao longo dos últimos dous anos.

As mesmas fontes relatou que se iniciou unha investigación para o esclarecemento destes feitos, que constatou que foi o propio denunciante o que se subscribiu voluntariamente en xullo do ano 2016 a unha páxina web enfocada para adultos.

A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...