EFE. Un home de 79 anos de idade, con iniciais M. G. S. B., resultou ferido a primeira hora da mañá deste xoves nun accidente de circulación que se produciu na localidade de Viveiro, a causa da colisión entre dous coches.
O accidente produciuse ás 8.43 horas na contorna da Ponte da Misericordia, na LU-862. O sinistro obrigou a cortar a circulación durante case unha hora.
Tras recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, o ferido foi trasladado por unha ambulancia asistencial do 061 ao servizo de atención primaria da localidade.
SAÍDA DE VÍA NO CARQUEIXO
Na mañá do xoves produciuse tamén outro accidente na rede viaria lucense, concretamente na LU-530, que comunica Lugo con A Fonsagrada, á altura da autovía A-6, no lugar do Carqueixo.
Unha muller de 65 anos, C. F. F., saíu da vía co coche que conducía. Resultou ferida de carácter leve e aínda que os servizos de emerxencias chegaron a desprazarse ao lugar do sinistro, solicitou a alta voluntaria.