- Advertisement -
Unha muller resultou ferida de gravidade ao ser atropelada en Ribadeo na mañá deste sábado.
A muller foi trasladada ao Hospital Público da Mariña nunha ambulancia medicalizada.
O 112 Galicia recibiu ás 9.29 horas aviso do suceso, que aconteceu na Avenida de Galicia ribadense, á áltura do número 40.
DISPOSITIVO
Daquela, advertiu á Policía Local e Protección Civil de Ribadeo, Bombeiros de Barreiros e Garda Civil.