A Xefatura da Policía Autonómica de Lugo vén de esclarecer o lume do pasado 12 de marzo na parroquia de Budián, no concello do Valadouro.
Os axentes tomaron declaración a un varón como presunto autor do incendio, no que arderon 0,33 hectáreas de superficie rasa.
O lume, que se declarou nun eucaliptal próximo a tres vivendas, produciuse cando o investigado realizaba unha queima de restos agrícolas sen adoptar medidas de seguridade, o que resultou na súa propagación ás fincas lindeiras.
As dilixencias remitíronse ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Mondoñedo.
27 PERSOAS INVESTIGADAS
Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, o corpo policial autonómico investigou un total de 27 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.