- Advertisement -
Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns nun accidente de tráfico no municipio de Foz, no que se viron implicados tres coches.
Segundo fontes do CIAE 112-Galicia, o sinistro produciuse sobre as 16.40 horas deste luns na estrada N-642, á altura da parroquia de Fazouro.
Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Barreiros e do GES de Cervo, así como a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil.
TRASLADO EN AMBULANCIA
A vítima foi trasladada nunha ambulancia a un centro sanitario.