InicioSucesosAtopan en bo estado o matrimonio de anciáns desaparecido no Valadouro

Atopan en bo estado o matrimonio de anciáns desaparecido no Valadouro

A Garda Civil localizou nunha saída da A-8 a Primitivo Marrube e Celsa Chao, que faltaban desde o pasado domingo

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Primitivo Marrube e Celsa Chao, o matrimonio de anciáns da parroquia de Recaré (O Valadouro) que a Garda Civil buscou nas últimas horas, con medios terrestres e un helicóptero, logo de que a parella non regresase ao seu domicilio nin dese sinais de vida desde o pasado domingo, apareceu a primeira hora desta tarde no interior do coche no que viaxaba, que estaba parado nunha rotonda, segundo informaron a Efe fontes oficiais.

Os mesmos informadores indicaron que ambos estaban “desorientados” nunha saída da autovía A-8. As dúas persoas estaban “en bo estado”.

PERCORRERON “CENTOS DE QUILÓMETROS”

A parella, el octoxenario e ela septuaxenaria, marchou o pasado domingo da súa casa nun Citröen C4 de cor gris con intención de ir comer ao restaurante O Valeco, en Mondoñedo, para logo exercer o seu dereito ao voto. Ao parecer, si chegaron ao colexio electoral correspondente, pero só puido votar el, xa que ela non levou o carné. Logo non regresaron á casa e a familia deu aviso da desaparición de madrugada.

Ao parecer, o matrimonio percorrera “centos de quilómetros” -ata Ponferrada– co seu vehículo antes de deterse nunha rotonda de enlace da autovía A-8 en Mondoñedo, onde foron localizados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...