A. G. F., un veciño de O Navallo (na parroquia de Vilarmide, A Pontenova), de 53 anos de idade, foi encontrado sen vida na mañá deste xoves no interior do seu vehículo, na LU-P-4802, a estrada que vai de Ribeira de Piquín ao núcleo pontenovés.
Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o achado produciuse poucos minutos antes das 11.30 horas. O home atopábase no interior do turismo.
Tras recibir a alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da localidade.
SEN NOTICIAS DEL EN VARIOS DÍAS
Ao parecer, o falecido sufriu unha saída de vía, precipitouse por un terraplén e bateu contra unha árbore. Os veciños da zona indicaron que dende un par de días non tiñan noticias da vítima, unha persoa solteira que vivía só con súa nai, anciá en enferma.
Ata agora descoñécense as causas que puideron provocar o accidente e as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.