InicioSucesosAchado morto un pontenovés tras caer por un terraplén o coche no...

Achado morto un pontenovés tras caer por un terraplén o coche no que viaxaba

O cadáver do home, veciño da parroquia de Vilarmide, foi atopado a media mañá deste xoves na LU-P-4802, que conecta a Ribeira do Piquín co núcleo pontenovés

Publicada o

- Advertisement -

A. G. F., un veciño de O Navallo (na parroquia de Vilarmide, A Pontenova), de 53 anos de idade, foi encontrado sen vida na mañá deste xoves no interior do seu vehículo, na LU-P-4802, a estrada que vai de Ribeira de Piquín ao núcleo pontenovés.

Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o achado produciuse poucos minutos antes das 11.30 horas. O home atopábase no interior do turismo.

Tras recibir a alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da localidade.

SEN NOTICIAS DEL EN VARIOS DÍAS

Ao parecer, o falecido sufriu unha saída de vía, precipitouse por un terraplén e bateu contra unha árbore. Os veciños da zona indicaron que dende un par de días non tiñan noticias da vítima, unha persoa solteira que vivía só con súa nai, anciá en enferma.

Ata agora descoñécense as causas que puideron provocar o accidente e as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...