A Policía Nacional de Viveiro evitou o pasado domingo, 5 de maio, o suicidio dunha moza da Mariña Lucense.
Segundo fontes do Corpo Nacional de Policía (CNP), a rapaza, que atravesaba por momentos difíciles por diversos problemas persoais, despediuse vía whatsapp das súas persoas máis achegadas. Dous axentes do CNP fóra de servizo tiveron coñecemento destas mensaxes.
Os axentes policiais puxeron en marcha o protocolo establecido para estas ocasións, desprazándose ao lugar dos feitos na compaña do 061.
TRASLADADA AO HULA
Cando chegaron ao domicilio, os axentes e un indicativo médico uniformado accederon ao domicilio onde atoparon á rapaza tirada nun sofá cun corte fondo no pulso. Así, o facultativo procedeu á súa asistencia, determinando o seu traslado ao Hospital Público da Mariña e posteriormente ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Viveiro.