Identificados dez menores por roubos nunha nave industrial en Viveiro

A investigación permitiu recuperar gran parte do material substraído o pasado 16 de abril a plena luz do día

Coche da Policía Nacional. AXM

A Policía Nacional identificou a dez menores como autores de roubos nunha nave industrial do municipio de Viveiro na que causaron numerosos danos.

Os feitos ocorreron o pasado 16 de abril a plena luz do día cando, tras fracturar enreixados e xanelas, accederon ás instalacións onde, segundo os axentes, forzaron diversos armarios e caixas fortes.

Os menores apropiáronse de material de oficina, así como de equipos informáticos que contiñan información “de carácter reservado da empresa”. A Policía confirmou que gran parte dos efectos substraídos foron recuperados.

DECLARAN COMO INVESTIGADOS

A investigación, na que interviu o Grupo Operativo e Policía Científica da Comisaría Local de Viveiro, permitiu identificar aos menores, que prestaron declaración como investigados en presenza dos seus representates legais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here