Denuncian lesións a un delegado de persoal en Bidueiros, en Cervo

O traballador interpuxo unha denuncia na que afirma que os xerentes da empresa prohibíronlle a entrada ao comedor e sacárono da sala agarrándoo do pescozo e dos brazos


Un delegado de persoal da empresa Maquinaria y Colaboraciones, S. L. (Mayco), que realiza tarefas nas instalacións de Talleres Bidueiros Reparaciones y Calderería del Norte S. L. (Recalnor), ubicadas na aldea de Espiñerido, en Cervo, interpuxo unha denuncia penal ante a Comandancia da Garda Civil por un suposto delito leve de lesións por parte dos tres administradores desta última firma.

Os sucesos obxecto de denuncia aconteceron supostamente o pasado 7 de maio, cando o traballador se dispuña a entrar no comedor das instalacións durante o descanso para comer de media mañá, séndolle prohibida a entrada.

Segundo o atestado, o delegado de persoal tentou acceder á instancia sobre as 11.00 horas, durante a parada habitual da xornada laboral para almorzar. Nese momento, expón a suposta vítima, os administradores indicáronlle que non podía entrar cos seus compañeiros no comedor, acusándoo de “contaminar ao persoal”, e urxírono a dirixirse a unha caseta de obra.

Rematada a hora de descanso, cando os demais obreiros marcharon, o traballador tentou de novo entrar a xantar no comedor. Daquela, expón na denuncia, os tres xerentes agarrárono polo brazo, tiráronlle a comida e sacárono para fóra da instancia termándoo do pescozo.

PARTE NO CENTRO DE SAÚDE

O traballador pediu asistencia médica no 112 e foi trasladado ao centro de saúde de Cervo, onde segundo o parte os servizos médicos documentaron unha erosión na rexión lateral do pescozo, un eritema no brazo dereito e erosións na palma da man dereita, ademais de ansiedade reactiva.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here