InicioSucesosTres mortos nunha colisión entre un coche e un camión en San...

Tres mortos nunha colisión entre un coche e un camión en San Tirso

Os mozos falecidos, dous vegadenses e un pontenovés, traballaban como mecánicos nun taller da localidade

Publicada o

- Advertisement -

Tres persoas -dous homes residentes en Vegadeo e outro en Vilar de Santiago (Riotorto), natural da Pontenova– faleceron tras unha colisión entre o automóbil no que viaxaban e un camión que se produciu a primeira hora da tarde en San Tirso de Abres, no punto quilométrico 23 da N-640.

O suceso aconteceu preto da ponte colgante e o refuxio de pescadores de Xesteira. Os tres falecidos, que viaxaban nun Peugeot 106, eran homes novos, traballadores no taller de San Tirso Julio García. Ao parecer invadiron o carril contrario e toparon co camión, un vehículo de reparto dunha empresa pontenovesa, do que os dous usuarios saíron ilesos. 

Ata o lugar do sinistro mobilizáronse o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova, axentes da Garda de Tráfico de Vegadeo e Luarca e os bombeiros de Barreiros e Barres. Tamén un helicóptero do 112 e unha patrulla de tráfico de Lugo.

LOITO NOS TRES MUNICIPIOS

Os concellos de A Pontenova e Vegadeo decretaron tres días de loito pola desgraza, unha medida á que se sumou o municipio de San Tirso de Abres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...