Miguel Álvarez Calvín, o rapaz de 32 anos ingresado pola picadura dunha velutina en San Tirso de Abres, faleceu na mañá deste sábado, segundo confirmou El Comercio.
O mozo, alérxico á picadura destes animais, ficaba en coma desde o martes no Hospital Universitario de Asturias (HUCA).
ANTÍDOTO INSUFICIENTE
A vítima, camionero de profesión, atopábase desbrozando as lindes dunha horta cando recibiu a picadura. Coñecedor da gravidade da situación, pois fora atacado noutras tres ocasións, acudiu de inmediato a inxectarse adrenalina, pero o antídoto non foi suficiente para salvar a súa vida esta vez.