InicioSucesos(VÍDEO) Investigan a gravación do condutor que percorreu quilómetros en sentido contrario...

(VÍDEO) Investigan a gravación do condutor que percorreu quilómetros en sentido contrario en Mondoñedo

A peza audiovisual, que se fixo viral nas redes sociais, mostra como un turismo circula dous quilómetros pola N-634 en dirección contraria

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga de oficio o vídeo do condutor kamikaze que circulou un par de quilómetros en sentido contrario na estrada Nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo.

A peza audiovisual, gravada por outro condutor, comparteuse ao longo do luns por infinidade de grupos de whatsapp e tamén en redes sociais como Twitter ou Facebook.

Nos 41 segundos que dura o vídeo, o condutor circula en dirección contraria por un carril que os vehículos do outro sentido teñen para realizar adiantamentos, ata que se da conta de que está a cometer un erro e pon a intermitente para volver ao seu lado da estrada. Afortunadamente, non houbo que lamentar incidencias graves.

30 MORTES AO ANO

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) calcula que os condutores kamikazes provocan 30 accidentes mortais cada ano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...