Efectivos dos corpos de seguridade e emerxencias buscan unha veciña de Vilaselán, en Ribadeo, desaparecida este martes. A familia denunciou a súa falta ante a Garda Civil este mediodía.
A muller ronda os 40 anos, é morena, ten o pelo curto e viste un xersei violeta de flores e un pantalón vaqueiro.
A Garda Civil coordina o dispositivo no que participan Policía Local, Bombeiros de Barreiros e Protección Civil.
ENTRE A LOCALIDADE E AS CATEDRAIS
A agrupación ribadense centra a súa busqueda entre a localidade e a praia das Catedrais, aínda que a búsqueda se extende “a toda a Mariña Lucense“.
O 112 confirmou que tamén están alertados o servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo.