Apuntan a unha marcha “voluntaria” da moza desaparecida en Barreiros

A busca segue tras atopar o coche da moza aparcado preto da estación de autobuses de Lugo

Estación de autobuses de Lugo. WELCOME TO LUGO / DIEGO MÁRQUEZ

O coche da rapaza de Barreiros que fica desaparecida desde o pasado xoves apareceu “perfectamente estacionado” nas inmediacións da estación de autobuses de Lugo. Así o confirmou o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, que asegurou que “ata o sábado non houbo denuncia e presentouse ese día na comisaría da Policía Nacional por parte do pai da moza”.

Logo de atopar o vehículo, Carballo puntualizou que “todo apunta, polo que manifestou a familia, que pode ser unha marcha voluntaria, aínda que non se descartan outras posibilidades”. O subdelegado do Goberno asegurou que Jennifer Herrero González, de 22 anos, “mantiña contacto con algunha persoa do Mediterráneo -outras fontes sitúan eses contactos en Valencia-, onde pode ter unha relación”. 

REVISIÓN DE MÓBILES E REDES SOCIAIS

A Policía Nacional realiza “averiguacións”, matizou, para localizar á moza mariñá coa revisión de “móbiles e redes sociais“. Aínda que a principal hipótese apunta a unha marcha voluntaria, Carballo matiza que “hai unha denuncia por desaparición e polo tanto, a Policía está a atar todos os cabos para comprobar que non se foi en contra da súa vontade”.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here