A Garda Civil detivo a dúas persoas, unha veciña de Viveiro de 25 anos e un home de Ferrol de 39, como presuntos autores dun roubo con forza nas cousas no interior dun vehículo na localidade de Ribadeo tras romper un portelo.
Os feitos aconteceron sobre as 18.00 horas do pasado domingo na localidade ribadense, cando os presuntos autores, tras fracturar o portelo da porta traseira dereita dun turismo, subtraeron do seu interior diversos obxectos.
OS DANOS, PENDENTES DE VALORACIÓN
As mesmas fontes puntualizaron que están pendentes de valoración os danos rexistrados no vehículo e os efectos subtraídos.
Pola súa banda, as persoas detidas en relación con estes feitos foron postas a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Mondoñedo.