(AMPLIACIÓN) Os dous tripulantes do Daniel y Manuel rescatados xa están na casa

O Río Xunco, tamén con base en Burela, asistiu aos mariñeiros do pesqueiro, que se foi a pique na mañá deste luns fronte á costa de Tapia

Helimer. AXM

Dous tripulantes do pesqueiro Daniel y Manuel, con base en Burela, foron rescatados na mañá deste luns fronte á costa de Tapia de Casariego.

Segundo informou Salvamento Marítimo, a embarcación afundiuse a 10,5 millas náuticas ao noroeste da ría de Navia.

O pesqueiro Río Xunco foi o primeiro en acudir á chamada de auxilio dos dous mariñeiros, que enviaron a sinal de alerta ás 8.02 horas ante o risco de afundimento da embarcación na que faenaban. O rescate consumouse sobre as 8.39.

NA CASA

Posteriormente, o helicóptero Helimer 222 trasladounos a El Musel, desde onde unha ambulancia os levou ao Hospital de Jove xixonés con síntomas de hipotermia.

Un dos mariñeiros presentaba ademais un problema nun costado.

Segundo confirmou o patrón maior de Burela, Basilio Otero, os dous mariñeiros están xa nas súas casas, sen problemas graves de saúde.

AS CAUSAS, DESCOÑECIDAS

A embarcación Salvamar Capella verificou in situ que o pesqueiro se afundiu. Polo de agora descoñécense as causas que xeraron o naufraxio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here