Un camioneiro resultou ferido na mañá deste luns ao envorcar na A-8 ao seu paso polo concello de Barreiros en sentido A Coruña.
Por causas que se descoñecen, á altura da entrada na autovía, o camión, un tráiler de tres eixes, atravesou os dous carrís e bateu contra a mediana.
INTERVENCIÓN DOS BOMBEIROS
Varios particulares alertaron aos servizos de emerxencias arredor das 11.00 horas. Os Bombeiros de Barreiros tiveron que intervir para sacar do interior do vehículo ao conductor que estaba atrapado pero consciente e, en principio, sen feridas de gravidade.
Os servizos de emerxencias permanecen arestora no lugar para rematar as labores de retirada do vehículo e limpeza da vía, aberta ao tráfico.
Ademais dos bombeiros, ata o punto do sinistro desprazáronse efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil de Barreiros.