InicioSucesosUn ancián, ferido ao ser atropelado cando cruzaba un paso de peóns...

Un ancián, ferido ao ser atropelado cando cruzaba un paso de peóns en Covas

A vítima, que padeceu un corte na cabeza, foi evacuada ao Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Un ancián resultou ferido ao ser atropelado na mañá deste martes cando cruzaba un paso de peóns en Covas.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse arredor das 10.50 horas na rúa Suasbarras, fronte ao restaurante As Tixolas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) mobilizou a lugar do accidente ao 061, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Viveiro.

CONSCIENTE

As mesmas fontes sinalan que o home atropelado estaba consciente no momento no que se recibiu aviso do sinistro, aínda que padeceu un corte na cabeza.

Finalmente, o ancián foi evacuado desde o centro de saúde ao Hospital Público da Mariña, en Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...