Salvamento Marítimo trasladou a terra a un pescador, que foi localizado na auga na zona de Portocelo, en Xove, e que faleceu a pesar dos intentos dos servizos sanitarios por reanimalo, segundo indicaron fontes do 112.
Salvamento indicou que se recibiu a alerta a través do servizo de Emerxencias do 112 Galicia, co que se puxo en contacto un particular, para informar de que había un pescador na auga.
Até o lugar desprazouse a lancha de salvamento Saturno e o helicóptero Pesca II, que comprobaron que había unha persoa flotando na auga. Tras proceder ao seu rescate, o home foi trasladado á terra, onde foi atendido por efectivos sanitarios do 061.
A pesar dos intentos por reanimalo, o home faleceu, segundo informaron fontes do 112, que indicaron que se trata dunha persoa de orixe coreana e veciño da localidade de Monforte.