Unha anciá faleceu na mañá deste venres no municipio lucense de Viveiro tras precipitarse desde un segundo piso a un patio interior.
Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 9.30 horas da mañá nunha vivenda da Avenida de Ferrol, cando varias persoas alertaron da caída dunha muller ao patio interior do edificio.
A VÍTIMA, DE IDADE AVANZADA
Ata o lugar do suceso desprazáronse os Bombeiros de Viveiro, que accederon á zona a través doutra vivenda e rescataron á muller, de idade avanzada, segundo indicaron. A vítima foi asistida polo 061, pero os profesionais do servizo de emerxencia non puideron facer nada por salvar a súa vida.
No operativo participaron tamén axentes da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil.