A Policía Nacional recuperou 842 dispositivos electrónicos –teléfonos móbiles e tablets– valorados en máis de 8.000 euros que por erro dunha empresa de transporte acabaron no almacén dun negocio da localidade de Viveiro en lugar do seu destino final no Reino Unido.
A investigación, na que interviu a Policía Xudicial de Viveiro, iniciouse cando a Policía Nacional tivo coñecemento do mencionado extravío. Tras varias xestións, os axentes poideron determinar que o último lugar donde había constancia da mercancía era na empresa da localidade, onde diversos traballadores do seu almacén estaban ao corrente da existencia das terminais.
CONSULTA EN TENDAS DE TELEFONÍA
Lonxe de subsanar o erro, ao comprobar que se trataba de dispositivos electrónicos, os empregados “decidiron unilateralmente repartirse certa cantidade dos mesmos, e incluso levalos a diversas tendas de telefonía para comprobar se eran terminais libres ou se tiñan algún defecto que poidese ser subsanable”.
Segundo os axentes, este feito “constata a clara intención de quedarse con eles definitivamente”.
Unicamente despois de que os axentes policiais se personasen na empresa, asegura a Policía Nacional, os traballadores investigados “trataron de subsanar de forma chapuceira a infracción cometida”.