O Concello de Cervo denunciou ante a Garda Civil as pintadas que apareceron na última semana en diferentes puntos de San Cibrao.
Os bancos do parque Raíña Sofía, o chan do paseo marítimo, as duchas e as varandas das praias foron algúns dos lugares afectados.
GASTO PARA AS ARCAS PÚBLICAS
O alcalde, Alfonso Villares, rexeitou o que definiu como “actos delituosos e intorelables” que, explicou, “supoñen un gasto importante para as arcas públicas”.
O rexedor advertiu que “os axentes seguen de preto a pista das persoas responsables” das pintadas.