EFE. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, cualificou como “impactante” a nova da detención de Lucía Expósito Cao, de 45 anos de idade, como suposta autora de delitos de terrorismo, ao ser sospeitosa de tentar replicar en Galicia atentados xihadistas como os perpetrados en Barcelona e Cambrils.
A rexedora admite que en ningún momento houbo sospeitas de que na parroquia de Galdo, onde residía a muller coa súa familia, podía estar vivindo unha persoa perigosa, que consumía propaganda producida por grupos terroristas e incluso celebrara accións violentas perpetradas polos xihadistas.
“Nunca nos chegou ningún tipo de información” sobre as súas actividades, dixo a alcaldesa, que en calquera caso eludiu realizar calquera tipo de valoración sobre a detención desta muller, de 45 anos de idade, por descoñecer o contido das dilixencias que levaron á Garda Civil a detela este domingo na súa casa.
SEN SOSPEITAS
“Non sabiamos nada. Enterámonos pola prensa e non temos máis información que o que publicaron os medios de comunicación”, afirmou Loureiro. Aínda así, recoñeceu que “este tipo de novas son impactantes e moito máis cando te enteras de que é alguén daquí, de Viveiro”.