InicioSucesosViveiro busca o foco dunha praga de vermes que afecta a Cora...

Viveiro busca o foco dunha praga de vermes que afecta a Cora Montenegro e á rúa do Chamorro

O Concello contratou unha empresa especializada que comezará a traballar o luns e nega "desatender" as queixas da veciñanza tralas acusacións do PP, que esixe "medidas inmediatas"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro busca o foco dunha praga de vermes que afecta á capital do municipio, en concreto á avenida de Nicolás Cora Montenegro -entre os números 16 e 32- e a rúa do Chamorro, nas inmediacións do número 2.

O grupo municipal do Partido Popular (PP) de Viveiro pediulle á alcaldesa, a socialista María Loureiro, que faga as “xestións necesarias” para erradicar “de xeito inmediato” a praga de vermes, que afecta a dúas zonas “moi transitadas” da localidade.

Segundo os populares, o goberno local fixo “caso omiso” das queixas da veciñanza, que advertiran da situación. O PP viveirense vén de presentar un rogo co que insta ao Concello de Viveiro a actuar coa “máxima urxencia”, dado que a proliferación de vermes nesas zonas da localidade pode ser “un foco de infección para as persoas”.

O PP FALA DE “GRAVE RISCO” PARA A SAÚDE

“Estamos ante un problema dunha dimensión pública importante”, precisa do PP, porque os vermes “representan un grave risco para a saúde, dado que poden contaminar os alimentos e a auga que logo toman os veciños e os visitantes que elixen Viveiro como o seu destino de vacacións”.

Ademais, os edís populares lembran que “non é a primeira vez que aparecen pragas deste tipo na zona indicada“, polo que atribúen a súa presenza á “mala xestión” do goberno local. Lamentan, nese senso, que o executivo municipal “deixase desatendidas” as peticións dos veciños e a “imaxe” que se está a dar de Viveiro.

SOSPEITAS DUNHA VIVENDA

Pola súa banda, a alcaldesa asegurou que o Concello contratou a unha empresa especializada que “a partir do luns” identificará o foco e eliminará a praga, dado que “o goberno local non ten os medios precisos para facelo”.

Loureiro explica que un membro do executivo municipal avisou da situación e nega que o Concello desatendese a advertencia da veciñanza, dado que tentou sen éxito identificar a procedencia da praga.

“Os técnicos falaron cos veciños en diversas ocasións, aconsellándoos e explicándolles os trámites realizados; tamén se puxo esta situación en coñecemento da Consellería de Sanidade“, remarca.

A rexedora salienta que se realizan “revisións periódicas” para tentar detectar este tipo de pragas e sostén que neste caso “sospeitamos que provén dunha vivenda pero non foi posible comunicarnos co titular“.

A alcaldesa de Viveiro aféalle ao PP que o goberno local tivese coñecemento da súa postura “a través dun rogo presentado para o pleno do vindeiro mércores” cando se trata “dun problema de saúde pública, sobre o que os intereses partidistas deberan estar por riba”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...