Un menor, ferido ao ser atropelado cando ía en bicicleta na entrada das Catedrais

A colisión produciuse minutos antes das dez da mañá deste mércores no acceso ao areal

As Catedrais. AXM

Un menor que ía en bicicleta resultou ferido nun atropelo que se produciu na mañá deste mércores na entrada da Praia das Catedrais.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia rexistrou a advertencia do accidente ás 9.49 horas. Un particular alertou de que houbera unha colisión entre un turismo e unha bicicleta, que manexaba un menor.

O 112 Galicia avisou ao 061, Bombeiros de Barreiros, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.

MANCADO NUN XEONLLO

Segundo precisan desde o propio 112 Galicia, o menor padeceu feridas nun xeonllo, aínda que en principio o seu estado de saúde non reviste gravidade.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here